top of page

Un tesouro de 248 hectáreas de terra e máis de 2.300 de riqueza no mar

  • Diario de Arousa
  • 26 dic 2016
  • 1 Min. de lectura

Noticias Barbanza

A uns tres quilómetros de terra fronte á costa riveirense, pero ao tempo case na mesma boca da Ría máis famosa do mundo, Sálvora é visible case desde calquera punto de Arousa. Corazón do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, é ao tempo unha das súas pezas fundamentais, xunto aos arquipélagos de Cortegada, Ons e Cíes, que integran nesta rede de especial protección ambiental aos municipios de Riveira, Vilagarcía, Bueu e Vigo. Sálvora conta cunha superficie de 248 hectáreas terrestres, que se amplían e converten en 2.309 se falamos da riqueza estendida no seu amplo anel de costa vinculada ao illote. É a maior illa do arquipélago ao que presta o seu nome, que completan illotes como Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insuabela, Gaboteira, As Sagres e As Forcadiñas. A posición privilexiada e a riqueza medioambiental levan a Sálvora, á vez, a ser recoñecida tamén na Rede Galega de Espazos Protexidos dentro da Zona de Especial Protección dos valores Naturais-Completo Húmido de Corrubedo, así como a súa inclusión na Rede Natura 2000, tamén da man do Complexo de Corrubedo. Igualmente, está incluida en áreas protexidas por instrumentos internacionais, como o Convenio para a Protección do Medio Ambiente Mariño do Atlántico do Nordés (Ospar), que cataloga as Illas Atlánticas de Galicia.


 
 
 

Kommentare


© Derechos de autor

 ¿Te gusta lo que lees? Dona ahora y ayúdame a seguir elaborando noticias y análisis. 

Donar con PayPal

© 2016 por Noticias Barbanza. 

bottom of page